CRTVG

Buscar

Galicia mantén 11 restaurantes con estrela Michelin

Publicado o 21/11/2019 14:05

Os restaurantes españois suman 15 estrelas máis na Guía Michelin do 2020. Galicia manterá as once que xa tiña e engade ademais unha recomendación para o novo proxecto da cociñeira compostelá Lucía Freitas.  Na gala celebrada este mércores en Sevilla sumouse ao selecto club das tres estrelas un restaurante de Cantabria: El Cenador de Amós, de Jesús Sánchez, en Villaverde de Pontones.

En total, nesta edición da guía serán once os restaurantes españois con tres estrelas. Haberá 29 con dúas, 5 deles novos, aínda que detrás deles estea algún cociñeiro coñecido e recoñecido de vello: "Martín Berasategui, de novo no escenario...".  

"Michelin cando era moi novo cambioume a vida. Aí naceu o proxecto que todo o mundo coñece, que é a casa nai, e dende aí estou vivindo un soño que non vos podedes nin imaxinar", di o reputado cociñeiro, que suma xa 12 estrelas Michelín nos seus restaurantes.

Os que se incorporan ao club Michelin esta vez son 19, pero en total son 174 os restaurantes que se manteñen na guía cunha estrela, entre eles once galegos. Ademais, no apartado de recomendacións figurará Lume, a nova proposta de Lucía Freitas na contorna da praza de abastos de Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019