CRTVG

Buscar

Galicia, máis preto de Madrid co novo treito do AVE entre Zamora e Pedralba

Publicado o 26/10/2020 15:32

Viaxar de Galicia a Madrid dende este martes xa será máis rápido en tren que en coche. A entrada en funcionamento do novo treito da alta velocidade entre Zamora e Pedralba acurta as viaxes por riba dunha hora no caso de Pontevedra ou Lugo, nuns 40 minutos a Santiago e Ourense e ao redor de media hora a Vigo ou a Coruña.

O ministro de Transportes, José Luis Ábalos,  di que se trata "dunha reducción nos tempo de viaxes pola que ao fin o tren pode gañar a estrada"

Pendente queda a treito entre Pedralba e Ourense previsto para xuño ou xullo do ano que ven e que se retrasará novamente.

"Estamos traballando a un ritmo intenso e o impulso que estamos imprimendo permite a Adif traballar coa previsión de ter as obra rematadas a finais deste ano e a posta en servizo, sempre que a axencia nos autorice, a agardaríamos para o segundo semestre de 2021", asegurou Ábalos.

A conselleira de infraestruturas, presente na inaugaración, pediu certezas sobre a chegada a alta velocidade.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "Pedimos axilidade nas obras e veracidade na información. Necesitamos planificar en serio o noso futuro. Para iso necesitamos saber cando se porán en servizo os 115 quilómetros entre Ourense e Madrid".

Un acto que se celebrou sen a presenza dos medio de comunición pola covid-19 e ao que acudiu, ademais do Ministro de Transportes, a titular de Traballo, Yolanda Díaz.

Noticias web

26/10/2020