CRTVG

Buscar

Almuíña non asiste a "precipitada" convocatoria da Interterritorial de Sanidade

Publicado o 10/04/2019 15:22

Galicia non estará no Consello Interterritorial de Saúde convocado para esta tarde en Madrid cun único punto: a reforma da Atención Primaria. O conselleiro de Sanidade comunicoulle á ministra a súa ausencia nunha carta. Nela rexeita a proposta do Goberno e cuestiona as présas por aprobala, horas antes da campaña electoral.

Galicia rexeita o plan estratéxico de Atención Primaria que o Ministerio de Sanidade levará ao Consello Interterritorial. O documento, segundo explicou o conselleiro, invade competencias autonómicos, desoe as peticións galegas e non ten o consenso de profesionais e comunidades.

"Cremos que ten que ser por consenso, cun diálogo profundo e desde logo chegar a acordos con todo o ámbito como estamos intentando facer en Galicia", di o conselleiro. 

Na carta que lle remitiu á ministra de Sanidade, Vázquez Almuíña lamenta a premura coa que se convocou o pleno.

"Entendemos que o único que busca a reunión desta tarde é dar un anuncio electoral dicindo que se arranxan definitivamente os problemas de Primaria, e cremos que non".

Unha premura pola que Galicia non estará na xuntanza. O conselleiro xa tiña pechada unha comparecencia no Parlamento galego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019