CRTVG

Buscar

Galicia gaña en equidade laboral no 2018

Publicado o 08/05/2019 20:20

Cada vez hai máis mulleres no mercado laboral galego e a súa situación mellora sen pausa na última década. No 2018, as cifras entre homes e mulleres activos, asalariados e con contrato indefinido estaban practicamente equiparadas na nosa comunidade. 

María Bastida, profesora de Ciencias Empresariais: "O de 2018 é dificilmente superable, son datos moi bos. Deunos que o 6,1% das ocupadas este ano son contratación indefinida, o cal é importante no contexto actual. E deunos que Galicia está entre as 4 comunidades que mellor se comportan. Por diante están as Baleares, Madrid e Cataluña".

Os datos do barómetro galego de equidade laboral revelan tamén que a crise lles afectou máis aos homes ca ás mulleres, pero que ambos sexos melloraron as súas condicións laborais no último exercicio.

María Bastida, profesora de Ciencias Empresariais: "A interpretación dos últimos anos era que o home empeoraba un pouco e por iso se equilibraba o mercado pero este ano o que atopamos é que o mercado se achega á equidade porque os dous grupos están mellorando".

A única materia pendente é o traballo a tempo parcial, que segue sendo maioritariamente feminino. O estudo elabórao o grupo Colmeiro analizando os datos que a EPA publica trimestralmente.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/05/2019