CRTVG

Buscar

Galicia foi a quinta comunidade que máis turistas recibiu este pasado mes de xuño

Publicado o 23/07/2020 21:15

O estado de alarma rematou o 21 de xuño.Ata esa data non se permitiu a mobilidade da xente por toda España.Ou sexa que as tres primeiras semanas do mes aínda había restricións.

Segundo os datos publicados polo INE ao longo e xuño só se ofertaron un 16 por cento do total de prazas hosteleiras en España.

Só abriron as portas 5.900 dos máis de 20.000 hoteis que hai no país.

Moitos seguen pechados hoxe.A covid-19 aínda está aí, condicionando as vacacións.

Froito desta circunstancia anómala é que Galicia sumou máis pernoctacións en xuño ca as Baleares e as Canarias xuntas, algo inaudito. Segundo o INE, con todo, nos hoteis galegos o grao de ocupación en xuño caeu máis do 80 por cento con respecto ao ano pasado.



 

 

Noticias web

23/07/2020