CRTVG

Buscar

Galicia exporta os seus viños a 80 países

Publicado o 27/11/2019 14:59

Os viños galegos amparados con selos de calidade incrementan o valor das súas vendas no mercado español durante o último ano.

Galicia ocupa o terceiro posto por comunidades autónomas e, ademais, exporta os seus viños a máis de 80 países en todo o mundo. Unha de cada cinco botellas producidas aquí véndese no mercado exterior.

Para consolidar esta proxección, a Xunta anuncia a concesión de subvencións por valor de dous millóns de euros.

Son datos ofrecidos durante a presentación dun informe da Fundación Juana de Vega ao que asistiu o conselleiro do Medio Rural, José González.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/11/2019