CRTVG

Buscar

Galicia estrea a vixilancia da rede ferroviaria con drons

Publicado o 26/11/2020 20:34

Dous treitos da rede ferroviaria galega en Ourense e Pontevedra serán os primeiros de España en seren supervisados por control remoto. A través de drons e grazas á cobertura 5G, as imaxes serán transmitidas en tempo real aos centros de inspección.

O proxecto, impulsado por Telefónica, permitirá facer revisións máis frecuentes do estado das vías e facilitará a inspección dos puntos máis inaccesibles da rede ferroviaria.

Noticias web

26/11/2020