CRTVG

Buscar

Galicia queda baixo a influencia dunha borrasca

Publicado o 11/06/2020 14:34

Son as primeira spegadas da borrasca profunda que afectará a nosa comunidade os vindeiros días. Cambio brusco no tempo, que se nota sobre todo na baixada do termómetro, con temperaturas ata 10 graos por debaixo do habitual destas datas. Hoxe, o paraugas e a chaqueta eran os imprescindibles para saír á rúa.

A peor parte levarana as zonas costeiras da provincia da Coruña e Lugo, onde se activou o aviso amarelo por forte vento e ondas.

Mañá, a chuvia será máis intensa. Cambios que nos deixan un escenario meteorolóxico máis propio do inverno.

Noticias web

11/06/2020