CRTVG

Buscar

Galicia enteira celebra festas na honra de San Roque e citas coa historia

Publicado o 17/08/2019 20:46

En Marín celebran por todo o alto a festa corsaria, na honra do pirata Juan Gago de Mendoza, que viviu no século XIX e que remata esta noite co desembarco da batalla de Aguete.

No concello lucense de Quiroga inspíranse no pasado romano para celebrar a súa cita coa historia. Un mercado de artesanía e o desfile de lexionarios serven de ambientación para unha festa que este ano cumpre a súa sexta edición.

As festas de San Roque enchen de visitantes e retornados a localidade de Melide, que acoden para gozar das patronais, pero tamén dos reencontros. A poboación múltiplícase notablemente.

A fin de semana dá tamén para coñecer un oficio case a piques de desaparecer, o dos oleiros. En Niñodaguia, no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo, unha ducia de artesáns de Galicia e Portugal amosan os segredos deste oficio tradicional.

Ocio e diversión que se concentran nunha fin de semana con festas por toda Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019