Galicia é das comunidades que antes paga as facturas
A Xunta de Galicia tamén sumou en xullo un atraso de tres días no pagamento das facturas.
Lorenzo Amor, presidente da Federación de Autónomos, ATA: "Oxalá que todo o mundo pagase como a Administración galega, porque está pagando en 17 días, practicamente a metade do que establece o tempo máximo de pagamento que son 30 días".
Porque Galicia, con Andalucía e as Canarias, son as comunidades que antes pagan. As que máis demoran os pagamentos, con 58 días son Cantabria e Murcia. De media a Administración autonómica tarda en pagar 9 días máis do que permite a lei.
Lorenzo Amor, presidente da Federación de Autónomos, ATA: "E o problema é que estamos vendo que agosto e setembro non pintan ben".
Os autónomos cren que a tensión de caixa das comunidades motivará novos atrasos.