CRTVG

Buscar

Galicia e Asturias presentarán unha proposta conxunta sobre os fondos europeos

Publicado o 13/09/2020 21:29

Galicia e Asturias presentarán ao Goberno central unha proposta conxunta para a repartición dos fondos europeos de cohesión no próximo período presupostario 2021-2027.

Reclaman ao Goberno central unha cláusula de salvagarda que lles permita continuar cos mesmos recursos que viñan recibindo, aínda que as comunidades cambien de categoría.

Alberto Núñez Feijóo aproveitou a súa visita a Oviedo para asistir á celebración do 25 aniversario da Asociación Día de Galicia en Asturias.

Ao acto asistiron tamén o expresidente do Principado Javier Fernández e o alcalde de Oviedo, Alfredo Canteli. Foron distinguidos co título de socios de honra o exalcalde da Coruña Francisco Vázquez e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, Jesús Chamorro.

Noticias web

13/09/2020