CRTVG

Buscar

Galicia é a terceira comunidade onde máis subiu o prezo da gasolina

Publicado o 10/01/2020 21:04

E nos últimos días os combustibles encarecéronse bastante debido á crise entre os Estados Unidos e Irán. Con todo, no último ano Galicia é a terceira comunidade onde máis subiu o prezo da gasolina. De feito, encher un depósito de gasolina de cincuenta litros custa, de media, 8,7 euros máis ca hai un ano. O gasóleo tamén subiu pero menos. Un tanque de 50 litros sae 3,8 euros máis caro. Por provincias, dentro de Galicia, en Lugo é onde máis subiu a gasolina e Ourense onde máis subiu o gasóleo.

Noticias web

10/01/2020