CRTVG

Buscar

Galicia é a comunidade con maior presenza de gas radiactivo radon

Publicado o 10/11/2018 13:42

É un gas radiactivo incoloro, inodoro e insípido e convive con nós diariamente sen que nos decatemos. O radon está presente en moitos puntos de Galicia, debido ao noso solo granítico, cunha alta presenza de uranio, de onde provén ao descompoñerse. Segundo a OMS, é a segunda causa de cancro de pulmón, por detrás do tabaco. Falamos do radon na nosa comunidade, pero sobre todo desbotar alarmas. Alberto Ruano, profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública na USC e membro do Laboratorio de Radon de Galicia.
 

Noticias web

10/11/2018