CRTVG

Buscar

Galicia, contra os recortes no Consello de Pesca

Publicado o 16/12/2019 20:40

A primeira proposta da Comisión Europea inclúe rebaixas de ata un 20% na pescada sur e entre o 42 e o 50% no xurelo. O ministro en funcións, Luis Planas, esgrime informes científicos que avalarían que ese recorte é excesivo. Pero a primeira xuntanza coa Comisión e coa presidencia finlandesa non foi positiva.

Alicia Villauriz, secretaria xeral de Pesca, di que "hoxe por hoxe, non está habendo unha resposta da Comisión neste sentido. Non nos queda máis que seguir insistindo e seguir dando argumentos adicionais para convencer á Comisión destes postulados. Cremos que esa marxe existe".

Galicia mete presión para impedir eses recortes nas pescadas, tanto sur como Gran Sol, e tamén no xurelo.

Rosa Quintana, conselleira do Mar, agarda "que o xurel da zona nova se incremente. Entendemos que ten que ser un erro da Comisión propoñer ese recorte cando o propio ICEX, o órgano asesor científico, propón unha subida de máis dun 20. Que haxa unha proposta da Comisión de baixada dun 48 é inentendible".

A proposta final dos topes de pesca para o ano que vén non se coñecerá, previsiblemente, ata a madrugada do mércores.

Noticias web

16/12/2019