CRTVG

Buscar

Galicia, con 34 mortes, é a segunda comunidade con máis afogamentos este ano

Publicado o 02/09/2018 16:22

En Galicia, 34 persoas morreron afogadas no que vai de ano. Un triste dato, a pesar de que os falecementos por esta causa descenderon tanto na nosa comunidade coma en todo o Estado. Dende o un de xaneiro, España suma 251 falecidos por afogamento en praias e piscinas. No mesmo período do ano pasado morreron 377 persoas. Galicia é a segunda comunidade con máis afogados, só superada por Andalucía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2018