CRTVG

Buscar

Galicia, Castela e León e Asturias levan o ferrocarril do noroeste a Madrid

Publicado o 05/02/2019 15:04

Madrid vai acoller unha nova fronte común do noroeste español para conseguir a conexión ferroviaria con Europa. Os presidentes de Galicia, Castela e León e de Asturias unen esforzos e levarán á capital as súas reivindicacións. Buscan repetir esta imaxe, a da fronte común do norte, fronte a aposta polo corredor mediterráneo. Presentarán o próximo 26 de febreiro a súa alianza en defensa da inclusión do Noroeste peninsular no Corredor Atlántico de transporte de mercadorías por ferrocarril.
Demándanlle ao ministerio de Fomento un investimento mínimo de 3.100 millóns ata o ano 2025 para facer competitivo o tren.

Noticias web

05/02/2019