CRTVG

Buscar

Galicia asesorará a Turquía para mellorar as súas capacidades pesqueiras e acuícolas

Publicado o 13/11/2019 15:38

Galicia e Turquia están irmandadas en materia pesqueira desde este mércores. A nosa comunidade vai asesorar o turcos na organización de produtores pesqueiros e acuículas. É un proxecto da Unión Europea que Galicia e Turquía queren aproveitar para fortalecer as súas posicións nos mercados europeo e mundial.

Galicia exporta produtos do mar por un valor de máis de dous mil millóns o que a converte na décima exportadora mundial de produtos da pesca, por diante de países como O Xapón ou Islandia. A experiencia e o bo facer do sector pesqueiro valeulle a Galicia que a Unión Europea a escollera para asesorar a Turquía na mellora das capacidades das organizacions profesionais da pesca e da acuicultura. O obxectivo final, fortalecer as dúas posicións, a galega e a turca, no mercado común da pesca europea e mundial.

"En Galicia traballamos moito, cometemos erros, por suposto, pero tamén tivemos moitos acertos. Eses acertos son cos que queremos axudar o noso país veciño, Turquía", di Rosa Quintana, conselleira do Mar.

Axudar a Turquía, pero tamén aprender dela porque, di a conselleira do Mar, ten un desenvolvemento importante no eido da acuicultura. Financiado pola Unión Europea, este proxecto de irmandamento entre Galicia e Turquía púxose en marcha este mércores cun acto celebrado na capital, en Ankara.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019