CRTVG

Buscar

Galicia aposta por potenciar o turismo de negocios

Publicado o 12/11/2019 16:08

Congresos, feiras, encontros corporativos... o turismo de negocio é un mercado en alza. Os organizadores buscan destinos onde mesturar traballo e lecer. E Galicia responde con ofertas diferenciadas. 

Ana Trevisani, presidenta de OPC Galicia: "A xente emociónase cada vez que vén traballar e pode facer tamén un tramiño do Camiño de Santiago".

É o que experimentaron touroperadores nacionais e estranxeiros que estes días visitan Galicia. Contactan con organizadores profesionais, hostaleiros, empresas de transporte, guías turísticos... e semella que marchan convencidos. 

César Blanco, touroperador: "Hai espazos con grandes capacidades, hai espazos que ademais teñen un encanto especial. Obviamente tamén ten a gastronomía".

Entre os atrancos citan a conectividade directa, sobre todo a internacional. Un reto na estratexia de promoción. 

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo: "As persoas que veñen a traballar pero tamén a gozar e a coñecer Galicia teñen un motivo importante para volver despois xa como turistas".

Un valor engadido que a Xunta vai potenciar con axudas directas a 180 proxectos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2019