Galegos atrapados en Nova York pola cancelación de voos da compañía Norwegian
Atrapado, así está un grupo de sete vigueses, desde o domingo pasado no aeroporto neoiorquino JFK despois da cancelación do seu voo de regreso a Madrid pola liña aérea norueguesa de baixo custo Norwegian. A compañía non lles dá opción de voar xuntos ata o vindeiro sábado. Non son os únicos afectados, xa que polo menos houbo dúas novas cancelacións de voos con destino a Baraxas.
O enfado viralizouse por redes sociais, onde varios pasaxeiros mostraron a súa indignación. Tamén en Madrid houbo voos cancelados pola compañía con destino a Nova York.
"Estamos secuestrados, estamos secuestrados!".
Este era o monumental enfado dos viaxeiros atrapados este martes en Baraxas. A liña aérea norueguesa alegou motivos técnicos para a cancelación dos voos e non dá cifras de cantas persoas poderían estar afectadas.