CRTVG

Buscar

Funcionarios de prisións reclaman en toda España máis medios

Publicado o 24/09/2019 15:24

Funcionarios de prisións reclaman en toda España máis medios no día da súa patroa.  Denuncian un déficit de persoal e falta de seguridade nos cárceres. Lamentan que non haxa negociación co Goberno central.

Denuncian que a situación nas prisións é caótica e din que non teñen nada que celebrar. No día da patroa de institucións penitenciarias, os traballadores quixeron facer visibles as súas reivindicacións.

No cárcere da Lama os traballadores concentráronse para reclamar máis persoal e seguridade. A subdelegada do Goberno en Pontevedra paticipou no acto de celebración da prisión.

Os funcionarios lamentan a falta de negociación coa Administración central.

O PP apoia as reivindicacións dos funcionarios de prisións e lévaas ao Congreso. Pide que se cambie a lei para que sexan considerados axentes da autoridade.

Noticias web

24/09/2019