CRTVG

Buscar

Funcionarios de prisións pídenlle á ministra de Defensa que reabra a mesa de negociación laboral

Publicado o 20/01/2019 20:53

Un grupo de funcionarios do cárcere da Lama esperaba pola ministra de Defensa en Pontevedra, que acudía a un acto de partido co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Pedínrolle axuda a Margarita Robles para que se reabra a mesa de negociación do conflito laboral que levou ao colectivo a convocar a primeira folga xeral de Institucións Penitenciarias en España. A ministra comprometeuse a lle trasladar as demandas do colectivo ao titular de Interior, Fernando Grande-Marlaska, a quen estes traballadores acusan de telos desamparados e abandonados. 
 

Noticias web

20/01/2019