CRTVG

Buscar

Funcas ve razoable endurecer a xubilación anticipada

Publicado o 05/03/2020 20:12

A Fundación das Caixas de Aforro considera razoable a proposta do Goberno de endurecer os requisitos para acceder á xubilación anticipada. O seu director, Carlos Ocaña, cre lóxico que se traballe máis dado que a esperanza de vida é cada vez maior.

Carlos Ocaña, director xeral de Funcas, di que "a idea de que se prolongue a idade de traballo nunha sociedade en que vivimos 83 anos de media parece razoable. Temos que seguir na vida activa máis tempo".

Noticias web

05/03/2020