CRTVG

Buscar

Fulións e Mázcaras percorren as rúas de Manzaneda

Publicado o 25/02/2020 14:34

Todo o entroido é un ritual. En verso os fulións piden permiso para percorrer a vila.

Atronan bombos, aixadas e gadañas... É o latexo do entroido

Polo seu ritmo podemos saber de onde son. Cada parroquia ten un tocar diferente, sinal de identidade.

Caxato en alto as mázcaras xiran sobre sí mesmas seguindo o hipnótico ritmo do fulión.

E aí é onde pervive un dos entroidos máis xenuinos de Galicia.

Noticias web

25/02/2020