Frota amarada por aviso vermello no litoral entre Bares e Fisterra desde as 3 da tarde
As profundas borrascas do Atlántico obrigraron hoxe a permanecer a frota amarrada en practicamente todo o litoral galego por aviso laranxa. Temporal no mar que xa se deixaba sentir esta mañá na Costa da Morte, mentres que ao abrigo dos portos como o de Malpica a situación era de calma.
"O peor din que é de mediodía para diante, pero a tal hora é unha baixa de mar como a de calquera día de inverno", di un mariñeiro do porto de Malpica.
"Está moi mal, xa non foron onte a ao mar e hoxe tampouco irán".
Frota que continuará amarrada porque a partir das tres da tarde e ata as doce da noite actívase o aviso vermello no noroeste da Coruña e na Costa da Morte, con ondas que poderían superar os 8 metros de altura.
"Ata venres non creo que saimos polo mal tempo. Como dan malo para hoxe e mañá ata a madrugada do venres non sairemos . A ver se se pode, depende de como quede o mar", di un mariñeiro.
Na Mariña luguesa e nas Rías Baixas o aviso laranxa continuará activo durante toda a xornada. O mar de fondo irá descendendo progresivamente, se ben continúa activo o aviso laranxa para a xornada de mañá en todo o litoral galego.