CRTVG

Buscar

Friol pon en marcha un centro de procesamento especializado en produtos de carne ecolóxica

Publicado o 01/01/2020 19:32

Despois de emigrar a Bélxica e labrar un futuro alí, Manuel Gómez decidiu volver ás terras da familia no lugar de Traloagro, en Friol, e xunto cos seus fillos Isabelle e Tito crearon unha gandería de vacún e avicultura en ecolóxico:

Isabelle Gómez, socia de Traloagro: "Meus pais emigraron, nós nacemos en Bruxelas, criámonos alí e quixemos volver ás orixes, ao pobo, e un pouco tamén a cultura centroeuropea influía por aí, porque estaba un pouco máis desenrolado o tema do ecolóxico e bueno, tivémolo claro desde o primeiro que queriamos estar en ecolóxico."

Na praza de abastos de Lugo abriron a primeira carnicería ecolóxica da cidade, e agora acaban de poñer en marcha no polígono industiral de Friol un biocentro de procesado e elaboración de produtos de carne ecolóxica, co que teñen previsto poñer no mercado uns 700 canais de vacún ao ano, con destino aos países centroeuropeos, donde esta carne está máis demandada.

Isabelle Gómez, socia de Traloagro:"O que é o biocentro vainos dar abastecemento para os dous puntos de venda, o da praza e máis aquí a nivel local, pero ademais está pensado para outras liñas de negocio máis fortes, que sería abarcar mercado de Francia e Bélxica principalmente e tamén a nivel nacional."

Unha aposta polo ecolóxico coma a que se pode ver nesta ecotenda, onde o cen por cento dos produtos son certificados, nun dos concellos con máis explotacións ecolóxicas de Galicia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2020