CRTVG

Buscar

Francisco Pais: "O obxectivo é que no 2030 se curen o 70 por cento dos cancros"

Publicado o 25/09/2019 11:27

Con motivo da celebración do Día Mundial da Investigación no Cancro, a Asociación Española Contra o Cancro volveu pedir un plan nacional de investigación co obxectivo de acadar o 70% de supervivencia media en cinco anos no ano 2030. Nestes momentos está no 55%.

Fran López Iglesias conversa no Bos días con Francisco Pais, que pertence á Asociación Española Contra o Cancro, e el mesmo é enfermo de cancro.

Nun informe que fixeron público sobre a investigación, AEC destaca que o mellor que ten o sistema de investigación español son as persoas.

"Desde a asociación pensamos que o máis importante é divulgar as investigacións e facer que veñan novos talentos da investigación e que volvan os talentos que se exportaron. Centra os seus obxectivos en catro aspectos: duplicar o investimento que tiña este ano, que era de 1.550 millóns e será de 4.000 millóns no 2030, potenciar o talento investigador, aprobar a investigación que se fai desde España e adaptala a realidade epidemiolóxica do país, impulsar a innovación contra o cancro e potenciar os ensaio clínicos".

"O obxectivo é que no 2030 se acade o 70 por cento de curacións de cancro; mesmo dos cancros que antes se consideraban mortais. Hai que concienciarse de que as estatísticas din que 1 de cada 3 mulleres e 1 de cada 2 homes van padecer cancro nalgún momento da súa vida".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019