CRTVG

Buscar

Francia rexistra unha repunta de falecementos nas últimas 24 horas

Publicado o 18/05/2020 08:58

Francia rexistrou nas últimas 24 horas 483 novas mortes causadas pola pandemia de coronavirus.
Segundo as autoridades, o incremento está relacionado co axuste dos datos procedentes das residencias de maiores e de persoas dependentes.
Desde que comezou a pandemia, son xa algo máis de 28.100 os mortos causadosd pola COVID-19.
O numero de contaxiados que permanecen hospitalizados é de algo máis de 19.000, dos que dous mil están en coidados intensivos.

Noticias web

18/05/2020