CRTVG

Buscar

Francia mantén o confinamento ata o 11 de maio

Publicado o 20/04/2020 09:01

Francia prevé manter as medidas de confinamento ata o 11 de maio. O número de mortos diario baixa lentamente, pero son xa case 20.000 os falecidos no país.

A crise sanitaria non terminou, advirte o primeiro ministro. A vida a partir de agora, engadiu, non será exactamente a de antes, probablemente durante moito tempo.

O Goberno francés traballa nun plan de saída do confinamento, que presentará nos próximos días, pero avisa de que a poboación terá que aprender a organizar a súa vida colectiva co virus.

Si que permitirá visitas moi limitadas dos familiares ás resicencias de maiores. Será con medidas de seguridade estritas, como a prohibición de contacto físico.

Ademais da crise sanitaria, o Goberno fracés advertiu de que esta situación ocasionará unha crise económica brutal porque nunca antes houbera unha parada tan masiva.

Noticias web

20/04/2020