Francia levanta as restricións de entrada, agás a España e o Reino Unido
Publicado o 13/06/2020 12:06
As autoridades francesas anunciaron que levantarán todas as restricións de tráfico nas súas fronteiras internas europeas o luns 15 de xuño, como recomendou a Comisión Europea, pero seguirá aplicando restricións recíprocas a España e o Reino Unido.
O Goberno francés agrega que os viaxeiros do resto de países da comunidade así como doutros estados europeos (Andorra, Islandia, Liechtenstein, Mónaco, Noruega, San Marino, Suíza e O Vaticano) xa non precisan levar o certificado internacional para ingresar en territorio galo e tamén están exentas dos quince días de corentena.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 22:50
26/01/2021 22:49