CRTVG

Buscar

Francia incorpora unha plataforma voadora no desfile militar da súa festa nacional

Publicado o 14/07/2019 21:25

Francia incorporou unha plataforma voadora ao desfile militar co que celebrou a súa festa nacional. Foi a sorpresa futurista da exhibición. Inventouna un empresario francés, ex-campeón de esquí acuático, que tamén foi quen a pilotou sobre os Campos Elíseos cun rifle na man, en sinal dos posibles usos militares do dispositivo. A plataforma alcanza unha velocidade de ata 190 quilómetros por hora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019