CRTVG

Buscar

Francia confirma dous casos de persoas contaxiadas polo virus de Wuhan

Publicado o 24/01/2020 20:52

•  Son os dous primeiros casos en Europa, segundo o Goberno francés

O risco de que o virus chegue a España é pouco probable, pero posible. Hai empresas españolas en Wuhan e cidadáns de Wuhan que viven en España

Sanidade pide calma; a mortalidade do virus , din, é inferior á doutras patoloxías ás que estamos afeitos, e descartan mesmo adoptar medidas especiais de control nos aeroportos

Entrementres, as autoridades chinesas actualizan datos: hai uns 900 casos confirmados e 26 falecidos. A corentena ampliouse a cinco cidades, case 35 millóns de persoas.