CRTVG

Buscar

Francia, con case 27.000 mortes, supera a España en número de falecidos

Publicado o 12/05/2020 21:57
Francia, con case 27.000 mortes, supera a España en número de falecidos

As autoridades sanitarias de Francia informaron este martes de que se rexistrou unh repunta da cifra diaria de mortos por coronavirus ao contabilizar outros 348 decesos nas últimas 24 horas, o cal sitúa en 26.991 a cifra total de falecidos desde o inicio da pandemia. Nun comunicado, o Ministerio de Sanidade detallou que do número de falecidos, 17.003 morreron en hospitais, mentres que outros o fixeron en residencias de anciáns e centros de día.

Segundo os datos solicitados polas autoridades, en total son 21.595 as persoas que continúan hospitalizadas, unha cifra que segue diminuíndo a pesar de que se constataron 670 novos ingresos na última xornada. Desde o comezo da epidemia, 96.979 persoas foron hospitalizadas, tal e como reza o texto, mentres que 57.785 persoas recibiron a alta.

Noticias web

12/05/2020