CRTVG

Buscar

Francia amplía o confinamento ata o 15 de abril

Publicado o 27/03/2020 17:27
Francia amplía o confinamento ata o 15 de abril

O primeiro ministro francés, Édouard Philippe, anunciou este venres a prolongación durante dúas semanas máis do confinamento no país, que se estenderá agora ata o 15 de abril.

O xefe do Executivo deixou claro, nunha breve intervención ante a prensa, que Francia non alcanzou aínda o pico da epidemia, que xa causou 1.696 mortes en hospitais e centros médicos.

O confinamento da poboación comezou en Francia o pasado 17 de marzo e ía finalizar este próximo martes. Ao prolongarse, aplicaranse as mesmas regras que ata o de agora, con excepcións para quen deba desprazarse por motivos laborais ou sanitarios, entre outros.

 

Noticias web

27/03/2020