CRTVG

Buscar

Francia prohibe as concentracións superiores a mil persoas para atallar os contaxios por coronavirus

Publicado o 09/03/2020 10:21

O Goberno francés prohibe as concentracións superiores a mil persoas para intentar previr novos contaxios de coronavirus.

O ministro de Sanidade anunciou que a partir de agora o límite para reunións de persoas baixa dos cinco mil ao milleiro como máximo.

O anuncio fíxoo despois de participar no Elíseo nun consello de Defensa convocado polo presidente Emmanuel Macron, no que se decidiu manter o nivel de alerta 2 en todo o país, rebaixar o tope de horas extras para os médicos e flexibilizar os requisitos para acceder ás teleconsultas médicas.


 

Noticias web

09/03/2020