CRTVG

Buscar

Fran Vieites estréase na portería do Celta

Publicado o 19/12/2019 16:19

Este partido da Copa será especial para o porteiro Fran Vieites. Estréase co primeiro equipo. Chegou ao Celta con 16 anos e agora con 20 vive un momento soñado.

Logo de varias campañas como suplente no filial, o debut e a titularidade chegoulle neste curso. E ante as lesións de Sergio e de Iván Villar tamén lle chega esta noite a titularidade co Celta.

Vivirá tres situacións distintas en catro días. Hoxe, titular co Celta na Copa; o sábado, titular na liga co Celta B; e o domingo suplente na liga co Celta.

Fran Vieites e o Celta, na Copa, un día para ir mudando unha dinámica.

Colocará Roger García ante o Peña Azagresa un equipo cos habituais suplentes na liga, nomes como Costas, Kevin, Jorge Sáenz, Beltrán ou o Touro Fernández.


 

Noticias web

19/12/2019