CRTVG

Buscar

Fran Vázquez non xogará o final da liga ACB por motivos persoais

Publicado o 28/05/2020 17:18

• Non quere pór en risco a saúde personal nin familiar.

Fran Vázquez non xogará o final da Liga ACB co Zaragoza.

Os motivos teñen que ver coa pandemia. E unha decisión persoal. Fran Vázquez, que anunciou hai uns días, a súa retirada ao final desta temporada despois de dezanove anos en ACB, anuncioulle ao seu equipo, o Zaragoza, que non vai xogar.

Di que non pode apertar a súa familia e que non entende como pode ter contacto con compañeiros e rivais cando se retome a competición. Non quere pór en risco a saúde personal nin familiar.

Noticias web

28/05/2020