CRTVG

Buscar

Fran Escribá receita ambición e humildade para a temporada do Celta

Publicado o 11/09/2019 19:44

"As sensacións do equipo son boas. Completouse un equipo moi ilusionante. É unha aposta importante por parte do club e tamén importante por parte dos xogadores. Viñeron cunha ilusión, transmitiron unha ilusión e ademais fixeron un efecto chamada respecto a outros. O feito de que pronto viñese Santi, ou que viñese Denis, atraeu a posibilidade de vir Pape ou logo posteriormente Rafa. Os bos xogadores que temos máis os bos reforzos que chegaron eu creo que é lóxico sermos ambiciosos e pensarmos noutras cousas. Penso que é bo competir tendo a cabeza en chegarmos o máis arriba posible pero sen esquecer de onde vimos, esquecer esa humildade que é o que nos fixo salvarnos o ano pasado e que creo que é o que vai facer que sexamos fortes este".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019