CRTVG

Buscar

Fran Escribá: "As sensacións son mellores que os resultados. Non hai motivo para pensar que estamos nunha situación cómoda"

Publicado o 25/09/2019 21:33

Un empate no Metropolitano que soubo a vitoria, igual ca o de Sevilla, pode levar a engano. O Celta ten cinco puntos de quince posibles.

Fran Escribá, adestrador do Celta: "As sensacions son mellores que os resultados. Non hai motivo para pensar que estamos nunha situación cómoda, ao revés".

Chega a Balaídos, entre semana, un Español en crise pero Escribá non está pensando en dar descansos.

Escribá: "Sacaremos o mellor once posible. O partido importante é o de mañá".

Xógase a sexta xornada e aínda non marcou Iago Aspas. Hai dúas temporadas estreouse na oitava e hai tres, na quinta. E foi tempo sufiente para gañar o trofeo Zarra.

Escribá: "Estou convencido de que será outra vez o que máis goles meta dos españois".

Na reestrea de Rafinha en Balaídos volve estar o Español, o mesmo equipo contra o que debutou en 2013.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019