CRTVG

Buscar

Foxe tras bater contra un coche, que acabou na leira dunha casa en Santiago

Publicado o 11/12/2020 20:57

Un condutor foxe en Santiago logo de, presuntamente, saltar un stop e bater contra outro vehículo en que ían catro mozos de entre 17 e 20 anos. O coche acabou estampado contra unha palmeira na parcela dunha casa e, sorprendentemente, non houbo feridos de gravidade. 

Todo ocorreu moi rápido, no cruzamento desta estrada , a AC 543, coa rúa Sarela de Abaixo, na zona de Vidán, en Compostela. Catro mozos de entre 17 e 20 anos diorixíanse a Bertamiráns cando, segundo nos conta o propio condutor do vehículo sinistrado apenas vinte minutos despois do accidente, un coche que lle saíu pola dereita non respectou o sinal de stop

O coche acabou literalmente estampado no xardín desta casa, bateu coa varanda e caeu de cú contra a palmeira. Xusto nese momento a propietaria da vivenda aparcaba o seu vehículo na casa e escoitou o ruido do impacto.







 

Noticias web

11/12/2020