CRTVG

Buscar

Formalízase a venda de Povisa a un grupo de seguros norteamericano

Publicado o 04/10/2019 10:08
Formalízase a venda de Povisa a un grupo de seguros norteamericano

Ribera Salud asinou este xoves a compra ao grupo Nosa Terra do 93% do hospital Povisa. A operación está pendente das autorizacións administrativas, segundo informaron fontes da empresa.

Alberto de Rosa, conselleiro delegado do grupo Ribera Salud, asegurou tras a sinatura do contrato que "Povisa é un dos hospitais máis importantes do noso país, con excelentes profesionais e servizos. Eperamos poder sumar, coa nosa experiencia e coñecemento, para seguir dando o mellor servizo aos cidadáns, contando co excelente equipo humano que fixo de Povisa un referente en calidade asistencial".

Desde a Consellería de Sanidade aseguraron, previamente á formalización deste acordo, que estarán vixiantes e esixirán que se manteñan os empregos e a calidade asistencial.

O acordo inclúe a compra do hospital Povisa, o centro de formación de Enfermería e dúas clínicas. Hai estimacións que cifran en 22 millóns de euros a operación, que garante o mantemento do emprego.

Ribera Salud é propiedade do xigante de seguros norteamericano Centene Corporation, que con esta compra irrompería en Galicia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí