CRTVG

Buscar

Ford anuncia un ERE de 350 traballadores en Valencia

Publicado o 28/05/2020 18:40
Ford anuncia un ERE de 350 traballadores en Valencia

Outro fabricante de coches recorta en España. A marca Ford vai aplicar un ERE para 350 traballadores na súa fábrica de Almussafes, en Valencia. A dirección chegou a un principio de acordo cos sindicatos, que o cualifican como "moi bo". Din que non vai haber despedimentos traumáticos, e que é moi semellante ao que se asinou en 2009.

Ford asume o pago do complemento salarial do 85% ata os 65 anos, aínda que o traballador se xubile aos 63. No caso de xubilarse aos 65, paragará o 100% da cotización á Seguridade Social.

Noticias web

28/05/2020