CRTVG

Buscar

Os fogos do Apóstolo deixan a praza do Obradoiro despois de catro séculos

Publicado o 20/01/2020 21:44

Despois de catro séculos e medio, os fogos do Apóstolo deixarán a praza do Obradoiro. A decisión adoptouna hoxe o Concello de Santiago e non ten volta atrás.

O Concello considerou que non se podían seguir lanzando os fogos desde Raxoi polo risco de incendio. O Cabido e Patrimonio tamén prohibiran hai tempo facelo desde a catedral polo dano para a pedra. O alcalde asegura que se buscará outra localización, a mellor para que poidan ver os fogos o maior numero de persoas, pero que hai que preservar o patrimonio e que nos edificios do Obradoiro só será posible manter o espectáculo audiovisual. O Concello asegura que é unha decisión dolorosa que acaba cunha tradición de 450 anos, pero non que lles quedou máis remedio que adoptala. 

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, dixo en declaracións á Televisión de Galicia: "O que se estivo facendo nos últimos anos de tiralos desde o tellado deste Pazo de Raxoi era imposible continuar con iso. Os danos producidos, os desperfectos que agora hai que arranxar custan 700.000 euros. Pero máis aló de iso é o risco enorme para un edificio histórico coma este, cunha estrutura e unha cuberta de madeira de que se puidera producir un incendio que destruíra o edificio".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020