CRTVG

Buscar

Flores e carteis reclaman xustiza pola cadela Alma

Publicado o 08/12/2019 18:12

Dende a fin de semana pasada, Alma, a cadeliña á que lle disparou un cazador, ocupou parte das noticias debido á crueldade do maltratato que recibiu e, tamén, á parella que gravou ese vídeo que deu a volta ao mundo e no que se recollen unhas imaxes tan duras que fixeron que moitas persoas saíran a rúa esixindo que se cumpran e se endurezan as penas para os maltratadores.
Finalmente, a cadela morreu, e agora, no lugar onde lle dispararon, flores e letreiros piden xustiza para Alma.

Este xoves, milleiros de persoas manifestáronse en varias provincias esixindo que se cumpran e endurezan as penas polo maltrato animal. Movíaos a imaxe dun vídeo en que se vía o martirio que sufriu Alma nos seus últimos días, despois de que un cazador lle disparara.

Esta era Alma. Tíñalle moito medo ás persoas e, tristemente, non estaba equivocada.

As mesmas persoas que impediron que o cazador a rematase e que gravaron o vídeo foron as que chamaron a Garda Civil para denunciar o maltrato. Daquela, un veterinario de Chantada intentou estabilizala e tamén coidou amorosamente aos seis cadeliños de Alba. A cadela foi trasladada ao Rof Codina e, finalmente, non se puido facer nada para salvarlle a vida.

Os cadeliños permanecen na casa dunha voluntaria que os atende ata que poidan ser dados en adopción. Moita xente interésase en adoptalos, pero no seu mesmo caso están os milleiros de cans que botan anos esperando por unha familia nas protectoras.

No lugar en que lle dispararon a Alma ramos de flores e letreiros esixen xustiza e prometen non deixar que a morte da cadela sexa en van.

O vindeiro sábado haberá unha nova manifestación en Chantada esixindo o cumprimento da lei contra o maltrato animal.

Noticias web

08/12/2019