Finaliza o prazo para reclamar os gastos hipotecarios
Publicado o 28/12/2020 08:56

Este martes é data límite para solicitar a devolución dos costes realizados ao formalizar un préstamo hipotecario. A reclamación debe formularse ante o servizo de atención ao cliente de entidade financeira de xeito presencial ou a través do correo eléctronico.
Unha sucesión de sentenzas do Tribunal Supremo, do de Xustiza da Union Europea e de diversas audiencias provinciais abriu a posibilidade de reclamar a devolución deses importes.
Os tribunais consideraron abusiva a cláusula que carga no consumidor todos os gastos da hipoteca da vivenda para uso propio ou para alugar de maneira non profesional.
Se non se reclaman xa hai o risco de perder a oportunidade de recuperar o pagado e o banco quedará con ese diñeiro.
Máis sobre Economía
01/03/2021 15:07