CRTVG

Buscar

Finaliza o derrubamento do vello hospital de Lugo

Publicado o 20/09/2019 15:59

A imaxe fala por si soa: xa non queda rastro do antigo hospital xeral de Lugo. Remataron as obras de derruba do edificio. Uns traballos complexos que tamén incluíron a retirada do amianto e a selección de materiais de refugallo, algúns coma o alumnio para a súa reutilización.

A partir de agora comenzan os traballos para reacondicionar o terreo e construír unha residencia de maiores con 120 prazas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019