CRTVG

Buscar

Finaliza a ponte de agosto con tres mortos nas estradas galegas e once feridos

Publicado o 18/08/2019 23:12

Finaliza unha das pontes con máis tráfico do ano, que, amais, foi moi accidentada en Galicia.
Últimas horas da operación saída desta ponte festiva de agosto, a máis longa do ano, que rematará ás doce desta medianoite. Foi especialmente tráxica nas estradas galegas. Desde o comezo da operación o xoves ás tres da tarde tres persoas faleceron e once resultaron feridas en Galicia. O sinistro máis grave foi este, rexistrado no concello lucense de Monforte de Lemos, con dous motoristas falecidos tras chocar a súa moto cun turismo na estrada que vai a Castro Caldelas. As vítimas, un home de 39 anos e unha moza de 20, foron soterrados esta mañá en Monforte.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019