CRTVG

Buscar

Finaliza a investigación do andazo de listeriose

Publicado o 07/11/2019 20:43

A Garda Civil cre que o lote de produtos cárnicos da empresa Magrudis do 20 de decembro de 2018 foi a orixe dos casos de intoxicación por listeria detectados en Huelva. Os axentes teñen probas de que os responsables desta empresa sabían que as anállises deron positivo, pero en ningún momento informaron ás autoridades nin tampouco retiraron da circulación a carne contaminada. E, ademais, agocharon outro dato, que Magrudis elaboraba e envasaba produtos de marca branca para outra empresa que os comercializaba como propios.

O primeiro brote de intoxicación detectouse en agosto en Sevilla. Tres persoas, algunha delas con patoloxías graves, morreron tras consumir carne contaminada. Houbo arredor de douscentos afectados.

O xerente de Magrudis e o seu fillo maior entraron en prisión o pasado 26 de setembro e alí continúan, imputados por varios delitos contra a saúde pública, tres homicidios por imprudencia grave, dous abortos e lesións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019