CRTVG

Buscar

Fin de semana con vento e chuvia persistente

Publicado o 24/10/2020 17:46

Fin de semana borrascosa. Teremos de case todo. Xa se deixou sentir o vento. No mar, obrigou a activar un aviso laranxa no litoral da provincia da Coruña. En terra, vai gañando forza. A situación empeorará co paso das horas. O vento deixará refachos superiores aos oitenta quilómetros por hora en moitas zonas de Galicia, especialmente na metade atlántica e nas montañas de Lugo e Ourense.

As precipitacións chegarán xa cara á noite e a madrugada e serán de carácter persistente. Unha fronte moi activa deixará chuvias de máis de quince litros por metro cadrado nunha hora nas catro provincias galegas.

Noticias web

24/10/2020