CRTVG

Buscar

As Filipinas seguen en alerta pola erupción do volcán Taal

Publicado o 15/01/2020 14:43

Continúa a alerta nas Filipinas pola erupción do volcán Taal. Tres días despois, as autoridades do país non desactivan a alerta porque persiste a posibilidade dunha nova erupción explosiva.

A lava e as intensas columnas de fume que expulsou o domingo obrigaron a evacuar máis de trinta mil de persoas. A erupción foi tan violenta que provocou importantes danos en casas e estradas dos arredores e a cinza cubriu vilas e os cultivos e mesmo chegou á capital do país, Manila, situada a 60 quilómetros de distancia.

O Taal está no medio dun lago e é un dos volcáns máis activo do arquipélago.

Noticias web

15/01/2020