CRTVG

Buscar

Filipe VI, tras a operación de corazón a don Xoán Carlos: "Foi todo perfecto"

Publicado o 24/08/2019 20:59

Filipe VI asegurou estar "moi contento" co desenvolvemento da operación de corazón á que se someteu o seu pai, don Xoán Carlos, e salientou que "foi todo perfecto". O Rei, acompañado de dona Sofía, visitou a don Xoán Carlos na unidade de coidados intensivos do hospital universitario Quirón Saúde-Madrid tras a intervención que se lle realizou con éxito e na que se lle practicaron tres bypass aortocoronarios. Á saída do hospital, ambos se achegaron aos xornalistas que os esperaban á saída e comentaron que puideron ver a don Xoán Carlos un momento e que agora está no postoperatorio atendendo as indicacións do equipo médico para ver a súa evolución nesta fase.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019